top of page

PIB

Channel info

PIB

TRAILER PIB

Read more Coma un cubata de Pisiclín con Bitter kas, PIB mestura en (sobre) doses exactas costumismo psicodélico con surrealismo cotián. O Richi e o Maxi son os guías desta particular selva do Interior, onde as Bestas-burras máis grandes son eles. Pero neste hábitat lisérxico non sempre se cumpre a lei da selva. A Brutalidade e os seus Productos derivados son os principais activos nesta viaxe aos confíns do absurdo. A empanada está servida.

PIB-1x01 "AS MOZAS"

Read more "Al fin" chegou o día. Rodiñas limpas, espellos relucintes e tractor en marcha. Grandes doses de "pisiclín", a beberaxe inspiradora. A materia prima para a aventura chámase Richi e Maxi, dous enxendros que foron mutando e esfolando o seu cerebro gracias á inxesta excesiva do devandito líquido, adicionando así sustancias esóxenas e logrando á vez neles novas propiedades intelectuais. A rutina de cada último domingo de mes lévaos ao seu centro de recreo particular, un "puticlú" de 3ª fila onde xa os coñecen moi ben. Pero algo inesperado acontece que fai que este non sexa un domingo coma os demais.

PIB-1x02 "NON HAI BESTA QUE NON COMA CEBADA SE SE LLE SABE DAR"

Read more Despois do "espectáculo" creado polos nosos protagonistas no Leidis, o Sr. Roca decide tomar cartas no asunto. Desesperado, empúrraos ao mundo laboral, contando para iso coa axuda do alcalde. O Richi e o Maxi non atoparán un traballo, pero deseguida verán unha oportunidade de ouro para gañar tantiños cartos."

PIB 1x04 "SALÚ E PESETAS, O DEMAIS SON PUÑETAS"

Read more

PIB 1x03 "VIAXAR É UN PRACER"

Read more Despois da bancarrota, o frigorífico queda baleiro. A necesidade e a curiosidade leva o Richi a buscar produtos de primeira necesidade, Pisiclín e sucedáneos. Cando non hai, cómpre inventalos. E postos a inventar, botan man dun laboratorio rural herdado. A pesar das advertencias dun “Richi do futuro”, que se lles aparecerá, introdúcense no mundo da alquimia e do destilado. E como todas as grandes investigacións, despois de varias tentativas e erros, chégase a un descubrimento inesperado que cambiará o mundo coñecido. O futuro queda nas súas mans.

PIB 1x05 "ESTO É O ACABOUSE"

Read more
bottom of page